Proxecto Mercurio
Mellora de recursos para comerciantes, usuarios e redes de información e organización
- O proxecto Mercurio preséntase á convocatoria da iniciativa Comunitaria Equal, dentro do eixe 3 de adaptabilidade.
- Obxetivo da Iniciativa Equal: promover novas maneiras de combater todas as formas de discriminación e desigualdade en relación co mercado de traballo a través da cooperación transnacional.
- Obxetivo do proxecto Mercurio: apoiar a adaptabilidade dos establecementos comerciais da provincia de Pontevedra e ás persoas traballadoras no sector, ós cambios que se están a producir nos hábitos de consumo e ó uso das novas tecnoloxías na modernización do sector, a conciliación da vida familiar e laboral e a igualdade de oportunidades da muller no mercado laboral.